samedi 16 décembre 2006

Xa chegaron as rifas!!!

Os rapaces do García Barros que viaxan a París no mes de marzo teñen previsto realizar unha serie de actividades e así sacar uns cartiños para aliviar todo o que se poida o prezo da viaxe. O primeiro que pensaron foi unha VENDA DE RIFAS.

O premio? Un reproductor de DVD-MP3 !!!!
O prezo ? 1 euro!!! Nada máis que 1 euro!!!

Seguro que ides colaborar.... va que si????

Un pouco de orde!

O PREZO DESTA VIAXE INCLÚE:

- Viaxe en avión con Iberia (ver horarios)

  • Saída o 24 de marzo (IB1579/IB4414)
  • Volta o 30 de marzo (IB4439/IB1578)

- Hospedaxe (máis almorzo) no hotel de Montreuil da cadea Première Classe.

- Bono semanal do transporte parisino

- Visita turística da cidade en bus coa compañía Cars Rouges

- Transporte e entrada a Eurodisney

- Transporte e guía no palacio de Versalles (a entrada é gratuíta para os grupos escolares)

- Guía no Museo do Louvre (a entrada é gratuíta para os grupos escolares)

- Entrada e subida á Torre Eiffel

- Paseo polo Sena en Bateau Mouche

- Seguro de viaxe

O prezo total da viaxe é de 485 €.

Como se falou na reunión do mes de novembro, á que asistiron os pais dos alumnos,
deberemos prever unha cantidade que ronda aproximadamente os 60 € para sufragar
os gastos das comidas e das ceas.

As profesoras que acompañarán ós rapaces son Mari Carmen Maril, Ana Fernandez e Berta Gómez.

O primeiro é ter unha idea...

Alá polo mes de outubro, 27 rapaces do IES Manuel García Barros e 3 profesoras deste centro pensaron que sería unha boa idea organizar unha viaxe a París e así poder practicar todo ese francés que levan aprendido nas aulas. E foi así como se puxeron ó choio e o resultado é o que vos imos contar pouco a pouco neste blog.