jeudi 1 mars 2007

3ª entrega!!!


Estou segura que todos víchedes Le fabuleux destin d'Amélie Poulain... quen me podería dicir que lugares (lugares, monumentos, elementos xeográficos...) dos que nós imos ver dentro de pouco (J-23) aparecen na película???? Si... xa sei que se vai complicando un pouco pero... non me digades que despois do que levades traballado na "Guía" non sodes quen de citar polo menos 3... courage!!!

mercredi 7 février 2007

LES PARISIENS, 2ª entrega!!


Bueno, ahí vai outra e ben sinxela.... Quen me sabe dicir cantos "arrondissements" hai en París? (chupao!) pero... quen me sabe dicir en cal está a Tour Eiffel? e cal é a parada de metro que nos queda máis cerca? Veña, sacade de mapa. Tempo! (tic-tac-tic-tac)

Ah! e a próxima entrega podédela propor vós mesmos mandándoa á miña dirección (berta...)

jeudi 1 février 2007

LES PARISIENS, 1ª entrega do concurso!!

Pois sí, tratábase de Manu Chao... pero ninguén soupo/quixo dicir como é que se chama "Chao" sendo parisino... Aínda estades a tempo!


Quen é o noso primeiro parisino??? Este é ben sinxelo. Seguro que adiviñades de seguido de quen se trata. Non tedes máis que mandar a vosa resposta en forma de comentario. Unha pista? É alguén a quen "lle gustas ti". Fácil, non?

Temos unha cita

Pois sí, como xa falamos na reunión do día 23 de xaneiro, temos TODOS-TODISMOS unha cita os mércores deste mes para prepararmos a viaxe como é debido. Vémonos este mércores 7 de febreiro ás 16h no aula de informática. Ah! e traede todo aquel material que teñades pola casa sobre París.... revistas, libros, guías, DVDs...

samedi 16 décembre 2006

Xa chegaron as rifas!!!

Os rapaces do García Barros que viaxan a París no mes de marzo teñen previsto realizar unha serie de actividades e así sacar uns cartiños para aliviar todo o que se poida o prezo da viaxe. O primeiro que pensaron foi unha VENDA DE RIFAS.

O premio? Un reproductor de DVD-MP3 !!!!
O prezo ? 1 euro!!! Nada máis que 1 euro!!!

Seguro que ides colaborar.... va que si????

Un pouco de orde!

O PREZO DESTA VIAXE INCLÚE:

- Viaxe en avión con Iberia (ver horarios)

  • Saída o 24 de marzo (IB1579/IB4414)
  • Volta o 30 de marzo (IB4439/IB1578)

- Hospedaxe (máis almorzo) no hotel de Montreuil da cadea Première Classe.

- Bono semanal do transporte parisino

- Visita turística da cidade en bus coa compañía Cars Rouges

- Transporte e entrada a Eurodisney

- Transporte e guía no palacio de Versalles (a entrada é gratuíta para os grupos escolares)

- Guía no Museo do Louvre (a entrada é gratuíta para os grupos escolares)

- Entrada e subida á Torre Eiffel

- Paseo polo Sena en Bateau Mouche

- Seguro de viaxe

O prezo total da viaxe é de 485 €.

Como se falou na reunión do mes de novembro, á que asistiron os pais dos alumnos,
deberemos prever unha cantidade que ronda aproximadamente os 60 € para sufragar
os gastos das comidas e das ceas.

As profesoras que acompañarán ós rapaces son Mari Carmen Maril, Ana Fernandez e Berta Gómez.

O primeiro é ter unha idea...

Alá polo mes de outubro, 27 rapaces do IES Manuel García Barros e 3 profesoras deste centro pensaron que sería unha boa idea organizar unha viaxe a París e así poder practicar todo ese francés que levan aprendido nas aulas. E foi así como se puxeron ó choio e o resultado é o que vos imos contar pouco a pouco neste blog.